O transporte público necesita un plan de impulso para afrontar a desescalada

Home / Ecología / O transporte público necesita un plan de impulso para afrontar a desescalada
O transporte público necesita un plan de impulso para afrontar a desescalada

  • Os operadores de transporte público enfróntanse a perdas de 180 millóns de euros mensuais no conxunto do Estado, e non puideron acollerse a ningunha das medidas de axuda.
  • Ecoloxistas en Acción demanda ao Goberno central que se proporcionen fondos urxentes e que se aprobe unha lei de financiamento do transporte público para asegurar que todos os servizos poidan seguir funcionando.
  •  Os concellos, pola súa banda, deben ampliar os carrís bus e darlles prioridade nos semáforos, ademais de mellorar a información en tempo real e reforzar as medidas sanitarias.

O transporte público enfróntase a un difícil escenario nos próximos meses e mesmo anos. Durante o confinamento, os operadores víronse na necesidade de manter ofertas superiores ás necesarias para garantir as condicións de seguridade sanitaria. Segundo cálculos de Ecoloxistas en Acción, isto supuxo perdas estimadas en 180 millóns de euros mensuais dentro do conxunto do Estado.

Así mesmo, neste escenario de perdas o transporte público vai ter que asumir medidas de distanciamento e seguridade, e deberá facer fronte a un probable rexeitamento da poboación para viaxar en transporte colectivo.

A  desescalada vai ser un reto para as cidades, onde cada día un elevado número de persoas desprázase mediante o transporte público. Algunhas cidades puxeron en marcha medidas para incentivar modos alternativos como a bicicleta para absorber parte deste tráfico.

Estas medidas eran xa necesarias antes da crise da  COVID-19 e agora resultan absolutamente imprescindibles. Pero desgraciadamente non van poder substituír o papel  vertebrador e universal do transporte público.

Doutra banda, o sector do transporte público non puido acollerse a ningunha das axudas desenvolvidas polo Goberno. Non se está permitindo, especialmente ás empresas públicas, acudir aos ERTE por forza maior, tampouco aos operadores privados nalgúns casos. Ata a data non hai ningún programa específico para eles.

Para evitar o colapso de operadores de transporte público, e que estes poidan ofrecer un servizo de calidade que evite un estigma cara a estes medios, Ecoloxistas en Acción propón un plan de impulso do transporte público. Doce medidas para mellorar a oferta, asegurar un financiamento que garanta o seu mantemento a curto e longo prazo e reforzar a seguridade sanitaria do persoal e as persoas usuarias.

  1. Ampliar  o número e a dimensión dos carrís bus nas zonas urbanas e priorizalos nos semáforos.
  2. Habilitar carrís bus nas vías de titularidade estatal de entrada nas grandes cidades.
  3. Asegurar unha adecuada oferta de transporte público,  dimensionando a rede actual (cobertura e frecuencias) de acordo coas necesidades reais de mobilidade da poboación.
  4. Mellorar a información pública en tempo real sobre opcións de transporte público, tempos de espera e alternativas existentes para distribuír a demanda de forma máis adecuada.
  5. Aprobar urxentemente unha lei estatal de financiamento do transporte público.
  6. Reducir os millonarios investimentos previstos en novas infraestruturas viarias, e reorientalas en mellorar os servizos e infraestruturas do transporte público.
  7. Transferir de maneira urxente desde o Ministerio de Facenda unha  subvenció n extraordinaria para o mantemento do transporte urbano aos concellos.
  8. Crear un fondo de compensación para mobilidade por parte de todas as administracións competentes co obxectivo de suplir a perda por ingreso tarifario durante e despois da crise pola  COVID-19 aos operadores que, ademais de seguir prestando servizo, tiveron que asumir gastos extraordinarios.
  9. Condicionar a recepción de axudas extraordinarias a que os concellos destinen carrís de circulación para mellorar a mobilidade peonil, ciclista e colectiva fronte ao coche. O Ministerio de Transportes, Movilidad Sostible e Seguridade Viaria deberá proporcionar unha guía para este efecto.
  10. Intensificar as tarefas de limpeza e desinfección de vehículos e estacións (de autobús, metro ou tren).
  11.  Dispoñer de informacións e indicacións claras nas estacións e vehículos para asegurar que non se supere o aforo recomendado e as distancias de seguridade: vestíbulos de entrada e saída  unidireccionales, adhesivo en asentos e indicacións nas plataformas.
  12. Dotar aos distintos persoais do transporte público (condutores, persoal de estación e mantemento) de todas as medidas de prevención e protección necesarias.

Fuente

Leave a Reply

Your email address will not be published.